Este sábado comeza un Nadal máxico e cheo de actividades en Moraña

Wait 5 sec.

Moraña xa vive o ambiente do Nadal coa presentación dunha ambiciosa e variada programación deseñada para toda a familia. Desde o acendido das luces ata a chegada dos Reis Magos, o municipio prepárase para días de ilusión e eventos que prometen facer destas festas un momento inesquecible. O pistoletazo de saída terá lugar estesábado 6 de decembro ás 19:00 h. coa inauguración do alumeado navideño na Aldea de Nadal, situada na Carballeira de Santa Lucía. A Banda de Música Nova Lira de Moraña amenizará o acto, que estará acompañado dunha chocolatada para todos os asistentes. Acto seguido, no Multiusos, inaugurarase a VII edición do Belén artesanal, este ano baixo o título "Imperium do Nadal", que representará Xudea e Galicia, obra da Asociación de Mulleres Rurais de Moraña. O domingo 14 de decembro, a partir das 16:00 h., a carpa a carón do Multiusos acollerá a II Feira de Nadal de Moraña, onde comerciantes, artesáns e artistas locais ofrecerán os seus produtos. A cultura continuará o venres 19 de decembro, cunha dobre cita: ás 20:00 h., no Multiusos, inaugurarase a exposición de pintura da artista morañesa Marisa Redondo, "O mar que me habita"; e ás 21:00 h., tamén no Multiusos, o alumnado da Escola Municipal de Música (ESMU) ofrecerá un concerto de música tradicional. A ilusión dos máis pequenos estará garantida coa visita de Papá Noel o sábado 20 de decembro. Chegará dende Laponia á Aldea de Nadal (de 17:00 a 18:30 h.) para recibir as cartas e compartir alegría cos nenos e nenas, acompañado dos seus máxicos amiguiños. Despois, percorrerá os comercios de Santa Lucía. O domingo 21 de decembro, ás 20:00 h. no Multiusos, o grupo Amileños presentará a comedia "Prescripción facultativa" de Charo Valcárcel, dirixida por Manuel Solla. Os luns 22 e martes 23 de decembro, a Casa de Cultura acollerá obradoiros infantís de xoguetes con material de refugallo, con prazas limitadas e inscrición previa na Biblioteca. A programación continúa o venres 26 de decembro, ás 20:00 h. no Multiusos, co espectáculo de maxia inventiva e clown "TIN" do mago Dani García. O domingo 28 de decembro, ás 19:00 h. no patio da Casa de Cultura, o Certame de Fin de Ano despedirá o ano con actuacións musicais das agrupacións morañesas Airiños da Amil, Banda de Música Nova Lira de Moraña, Coral Voces Amigas, Chinguilipé, Coral Cánticos de Amil, Ecos da Terra e Bétula Péndula. O luns 29 de decembro, ás 20:00 h. no Multiusos, Fran Rei e Félix Rodríguez presentarán "Sabor a Nadal", un espectáculo cómico con música, maxia e humor. E para os cativos, o martes 30 de decembro, a Casa de Cultura acollerá a Festa de Fin de Ano para rapaces de 11 a 17 anos, co DJ Paco Vulcano a partir das 21:00 h. (inscrición previa na Biblioteca). O 1 de xaneiro de 2026, a partir da 01:00 h., o ano novo será recibido cun Baile de Aninovo amenizado pola Disco Móbil do DJ Josinho nunha carpa no patio traseiro da Casa de Cultura. Sito Gómez, alcalde de Moraña, con veciños e Reis MagosConcello de Moraña - Arquivo Finalmente, a data máis esperada polos cativos, o luns 5 de xaneiro, traerá a Cabalgata dos Reis Magos. Percorrerán todas as parroquias do municipio desde as 15:40 h., rematando coa cabalgata polas rúas de Santa Lucía a partir das 20:20 h., acompañados pola Banda de Música Nova Lira de Moraña. Ao finalizar, os nenos poderán entregar as súas cartas na Aldea de Nadal, onde o concello convidará a chocolate con rosca a todos os asistentes.