Deporte e diversión nunha multitudinaria xornada de cros escolar na Illa das Esculturas

Wait 5 sec.

Multitudinaria xornada de atletismo na Illa das Esculturas co Campionato Zonal de Cros Escolar do Programa Xogade que impulsa a Xunta de Galicia. Ata 2.500 escolares de Educación Primaria de Pontevedra e a súa área de influencia estaban chamados este mércores 1 e xoves 2 de outubro a participar nunha xornada de atletismo campo a través. Unha maneira, a través dunha divertida xornada, de promocionar a actividade física para os nenos e nenas. Participaban unha vintena de centros escolares. Trátase da 17 edición do programa de promoción do deporte e a actividade física Xogade. As probas disputáronse este mércores entre as 10.30 e as 12.30 horas. O xoves pola súa banda terán continuidade entre as 10.15 e 12.45 horas. O campionato zonal de cros contaba coa organización da Agrupación Deportiva Escolar de Pontevedra (Adespont). [galleries:vertical:10763]