Os paraugas en Pasarón, só pregables

Wait 5 sec.

Os paraugas non son benvidos esta tempada no Estadio Municipal de Pasarón. Xa sucedera en anteriores ocasións, como cando no mes de abril o Pontevedra estaba a xogar o ascenso a Primeira RFEF contra o Laredo, pero tras o salto de categoría acabou por se converter en norma. Moitos foron os afeccionados granate que, na primeira xornada do campionato contra o Cacereño, víronse sorprendidos pola prohibición de acceder ao estadio co seu paraugas, sobre todo nun día de áspera climatoloxía. O club pontevedrés sinalara horas antes, só a través das súas redes sociais, cal era a limitación, pero parte da súa masa social non a coñecía.. Trátase en todo caso dunha medida que chegou para quedar. Co ascenso o dispositivo que coordina a seguridade en Pasarón, coa Policía Nacional ao mando, multiplicouse e coa obrigac ademais de elaborar un informe oficial tras cada xornada para enviar aos órganos competentes, por exemplo a Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte, no caso de que se produza algunha incidencia dentro do recinto deportivo. Este dispositivo, afirma o Pontevedra, ratificou a prohibición para toda a tempada do acceso a Pasarón con paraugas longos ou de punta metálica. Só se permitirán, confirma o club, os paraugas pregables, pero en ningún caso poderanse abrir na butaca que se ocupe na bancada, aínda que sexa unha á que lle afecte a choiva.