O Mercado de Abastos de Pontevedra acolle este xoves 2 e venres 3 de outubro un degustación gratuíta do Pollo Pío Campero, organizada pola empresa local Avigal. Durante os dous días, o horario de atención ao público sitúase entre as 11:00 e as 13:30 horas. A iniciativa permitirá a todos os usuarios do mercado probar este produto que se caracteriza pola súa crianza en liberdade e alimentación natural, sen seguir "modas nin atallos", segundo destaca a propia entidade. O Pollo Pío Campero representa a aposta de Avigal por un pito "criado con tempo, liberdade e a máxima naturalidade", que marca o seu propio ritmo de crecemento para ofrecer un sabor auténtico que se diferencia dos produtos industriais. Avigal ofrece unha degustación de Pollo Pío Campero no MercadoPontevedraViva Avigal, situada na estrada de Campañó en Pontevedra, conta con máis de 60 anos de traxectoria no sector avícola e xera arredor de 500 postos de traballo directos, ademais doutros tantos empregos indirectos na provincia. A degustación busca un achegamento aos consumidores para informalos sobre as características deste produto local, elaborado seguindo métodos que priorizan a calidade final do alimento. Stand de Pollo Pío Campero de AvigalPontevedraViva