O Grove estrea nova embarcación de emerxencias marítimas

Wait 5 sec.

O Servizo Municipal de Emerxencias do Grove estrea unha nova embarcación. Cofinanciada entre o Concello e a Deputación, será destinada a mellorar as intervencións en rescates, asistencia e operativos desde o mar. Trátase dunha lancha de maior tamaño, potencia e automía que os modelos cos que xa se contaba. Presenta preto de seis metros de eslora e incopora un depósito de combustible integrado no casco de 100 litros de capacidade. Permitirá así intervir en operacións máis prolongadas e seguras, posto que as lanchas até agora contaban cun depósito externo de apenas 30 litros. Nova lancha do Servizo Municipal de Emerxencias do GroveConcello do Grove O investimento total para mellorar a capacidade do Servizo Municipal de Emerxencias é de 27.716 euros. Inclúe o custo do remolque que foi adquirido directamente polo Concello. "Esta adquisición responde á necesidade de seguir dotando ao Servizo de Emerxencias de medios modernos e adaptados ás necesidades dun municipio costeiro como O Grove. O traballo dende o mar é esencial para garantir unha resposta eficaz en situacións de risco, e esta lancha supón un salto de calidade", asegura o alcalde, José Cacabelos.