A virulencia dos incendios, avivados polas condicións meteorolóxicas que provoca o cambio climático, aumenta o risco para os núcleos de poboación. Na vaga deste verán, a Xunta decretou máis dunha ducia de veces a Situación 2 de emerxencia pola proximidade a varios lugares das lapas, que obrigaron tamén a desaloxos e confinamentos, sobre todo nas últimas horas.