A Festa da Ameixa de Carril celebra o 30 aniversario como referente gastronómico de Galicia

Wait 5 sec.

Carril viviu gozou este domingo coa celebración da XXX edición da Festa da Ameixa, un evento declarado Festa de Interese Turístico Galego desde 2014 e que este ano cumpre unha efeméride histórica. A lectura do pregón celebrouse ás 12:00 a cargo do actor e humorista Carlos Blanco. Carlos Blanco lee o pregón na Festa da Ameixa de CarrilXunta de Galicia No acto inaugural tamén participou a conselleira do Mar, Marta Villaverde, que destacou que a cita "contribúe a resaltar a importancia da implicación das comunidades pesqueiras na promoción e posta en valor dos produtos". Villaverde subliñou que o éxito da ameixa de Carril é froito do traballo e esforzo de máis de 650 familias arousás, que exercen o seu labor de forma artesanal, coidando da ría e extraendo todo o seu potencial. A celebración, que rende homenaxe a un dos moluscos máis apreciados de Galicia, consolidouse como unha das citas culinarias máis importantes do calendario gastronómico galego. Este ano, con motivo do seu trixésimo aniversario, a festa estenderase durante dous días.