Un home é detido tras agredir a súa parella colléndoa do pescozo nunha vivenda da cidade

Wait 5 sec.

Un home foi detido pola Policía Local de Pontevedra na madrugada do sábado 2 de agosto como presunto autor dun delito de violencia de xénero. Segundo os informes policiais, o home agrediu a súa parella no interior dun domicilio da cidade, informaron fontes municipais. O aviso chegou aos servizos policiais sobre as 02:45 horas, cando se notificou que se estaba a producir unha discusión entre unha parella nun piso. Ao acceder ao inmoble, os axentes atoparon a vítima moi nerviosa e chorando. Segundo o relato facilitado pola interesada e comprobado polos policías, o home, en estado de embriaguez segundo a versión da muller, comezou a berrar contra dela e chegou a botarlle as mans ao pescozo. A Policía Local localizou ao presunto agresor e procedeu á súa detención. Posteriormente foi posto a disposición do xulgado correspondente. A finais de xullo, axentes da Policía Local de Pontevedra tamén procederon á detención de dous homes por agresións ás súas parellas na cidade, un deles menor de idade.