A xente do mar encoméndase a súa patroa

Wait 5 sec.

A procesión marítima coa Virxe do Carmen marcou a festividade en numerosas poboacións, especialmente en Marín onde é patroa a Raíña dos Mares. A vila mariñeira celebrou este martes o seu Día Grande no que houbo ofrenda floral, misa solemne, procesión marítima, tirada de fogos de artificio desde o Paseo Alcalde Blanco e verbena para rematar a festa. Ás seis e media da tarde tivo lugar a ofrenda floral a cargo dunha comitiva que saíu da Casa do concello coa alcaldesa María Ramallo á fronte, e os concelleiros da Corporación Municipal que tamén se sumaron á procesión polas rúas do centro ata embarcar á imaxe da Virxe e trasladala cara ao medio da Ría onde se homenaxeou aos falecidos no mar. Tamén na parroquia de Seixo houbo unha ofrenda floral no Porto de Aguete e a continuación a procesión, acompañada da Banda de Música de Arcade, ata a igrexa parroquial Nosa Señora do Carme. A música da Orquestra Marbella na Praza de España completou esta xornada festiva. [galleries:vertical:10595]