Radio Cerna, de ADEGA, ofrece cada venres un boletín de noticias de dez minutos coas noticias ambientais destacadas da semana en Galicia. Este 18 de xullo fala de: a sentenza do TSXG condenando ao Estado e a Xunta por vulneración de dereitos fundamentais en relación á contaminación do encoro das Cunchas, no río Limia. A misión científica do buque francés L'Atalante conclúe coa identificación de máis de 3.500 bidóns radioactivos afundidos fronte á costa galega. Fíxanse tamén no golfiño solitario que durante cinco anos frecuentaba as augas das rías de Muros e Noia ou Ferrol. A súa desaparición apunta a que puido sufrir un contratempo mortal. Estas e outras noticias pódense escoitar neste enlace.