A música de raíz galega, punto de partida para traballar con persoas deterioro cognitivo en cinco centros de día

Wait 5 sec.

Este luns, 14 de xullo, bota a andar o proxecto 'Memoria Sonora' do GDR Pontevedra-Morrazo, unha iniciativa de intervención social a través da música de raíz. Trabajarán en cinco centros de día foron subvencionados polo GDR a través do Programa LEADER, tres en Moaña, un en Soutomaior (Soutomaiores) e outro en Combarro (Saraiva Poio). A iniciativa suporá traballar terapeuticamente con persoas con certo grado de deterioro cognitivo ou persoas en situación de vulnerabilidade para estimular as funcións motrices e cognitivas. Tamén se traballará para promover o seu benestar emocional e social e preservar e divulgar, ao mesmo tempo, o patrimonio cultural inmaterial. Este proxecto parte da base de que a música ten un impacto positivo na saúde e o benestar das persoas. A estimulación musical pode mellorar a calidade de vida, potenciar a memoria, a atención, a creatividade e promover a interacción social. Para os impulsores deste proxecto, a música de raíz galega posúe unha riqueza cultural e emocional que conecta coas raíces identitarias da comunidade e o uso de instrumentos elaborados de forma artesanal reforza a conexión coa natureza e o patrimonio cultural, xerando un sentido de pertenza e fortalecendo a autoestima. En colaboración co persoal técnico de cada un dos cinco centros de día, realizarase unha avaliación individual dos participantes para identificar as súas necesidades e capacidades e planificaranse as sesións terapéuticas adaptadas aos diferentes perfís e necesidades, combinando actividades de creación de instrumentos, interpretación musical e movementos acompasados. Realizaranse 5 talleres de creación de instrumentos utilizando materiais naturais e técnicas artesanais. As sesións terapéuticas incluirán a execución musical cos instrumentos creados, a práctica de repertorio de música de raíz galega e exercicios de movemento acompasado adaptados a cada participante. O proxecto vaise desenvolver durante tres meses, até o 15 de outubro, e incluirá 20 sesións grupais (4 por cada centro).