Modas no verán

Wait 5 sec.

Estamos no verán. Hai modas de costume e outras novas. Na prensa de papel había a "serpe do verán". A escaseza de novas da política por vacacións levaba a ter que colocar noticias sorprendentes. Había que encher as páxinas. A que se repetía ano si e ano tamén era a aparición de Nessie, o mostro do lago Ness en Escocia. Agora este tipos de novas aparecen menos. As serpes de verán xa non aparecen tanto no papel pero si nas súas páxinas dixitais nas que hai moitos "clickbait" (clich=clic, bait= carnada, cebo), que poderíamos traducir por "ciberanzol". Poñen titulares que sempre teñen carnaza para provocar que lle deas un clic e entres. Soen ser novas de celebridades, cousas raras ou vídeos virais. Os titulares son do tipo "Cinco sitios que non te podes perder en …" ou "Catro alimentos para mellorar a circulación do sangue". Onde máis se notan as modas é no vestir. No "Outfit", palabra que os "pijos" usan para describir o xeito de vestir dunha persoa, hai variantes. Os clásicos dos "pijos, cayetanos ou posh" que seguen levando pantalón flequillo de viseira, chino beis, camisa branca (de marca) de manga longa co puño recollido cunha volta, neles, e os pantalóns de liño folgados e bolsos mini, nelas. Tamén hai moita copia, moito "fake". Camiseta por dentro do pantalón, moda deste veránAndrés Núñez Rajoy Este ano descubrín unha nova tendencia, aínda que logo me comentaron que xa ten uns anos. Ía por un paseo dunha das nosas vilas de veraneo e vexo de fronte unha rapaza que levaba a camiseta metida un pouco no pantalón na parte de diante, deixando fóra o resto. Pareceume raro, non lle din importancia. Ao pouco tempo pasou outra, e outra. Nun cuarto de hora pasaron alomenos seis persoas vestidas así. Pola noite tomando unha chiquita atópome coa miña amiga, "pija", Tilly (o nome ven de Matilda), saudámonos, uns bicos, míroa e vexo que ven coa camisa metida dentro da saia por diante e por detrás por fóra. Non podo máis e pregúntolle: Tilly, que moda é esa? É o french tuck, respondeume. Quedei como estaba. Logo explicoume. É un truco de estilismo das "pijas" francesas que se puxo de moda grazas a Netflix a causado programa Queer Eye, xa en 2018. Segundo me di Tilly, consiste en meter unicamente a parte dianteira da camisa, camiseta ou xersei dentro do pantalón ou saia e é un dos consellos favoritos do estilista Tan France na serie: "porque achega un aire intelixente e informal ao mesmo tempo". Estás anticuado Andrés - díxome- es un "boomer", as normas en canto a esixencias de vestiario relaxáronse cos anos agora pódese levar pantalón curto ao traballo , o chándal tamén está admitido na oficina , hai vestidos longos aptos para vodas de día . Ten razón Tilly, eu nunca iría á oficina en pantalón curto, e menos en chandal, cada cousa é paro o que é. Cóntame Tilly que funciona en camisetas, camisas ou jerséis, podes meter todo o dianteiro da camisa ou só unha parte, neste caso, procura que non sexa no centro exacto , canto máis accidental pareza, mellor. Xa sabedes, se queredes ir á moda, "elegantes á vez que xuvenís", debedes practicar o french tuck, metede a camiseta, a chambra ou o xersei por dentro do pantalón ou da saia, mais só na parte dianteira. A coruscar que é verán!!!.