A parroquia de San Andrés de Xeve celebrou este domingo as súas tradicionais festas, nunha xornada que combinou a devoción, a música e unha emotiva homenaxe ao que fose presidente da Asociación de Festas, 'Fari'. A celebración en honra ao Santísimo destacou pola elaboración de alfombras florais e completo programa de actividades durante todo o día, ademais do recordo a 'Fari', "o impulsor desta comisión, que uniu a este grupo de xente para que se celebraran as festas neste 2025 e asi será. Sabemos que nadie o vai olvidar pasen os anos que pasen, por eso estamos aquí hoxe. Vamos intentar facer todo o posible para que alá onde esté se sinta orgulloso de todos nos, de vos e de Xeve", sinaron nun emotivo discurso. A xornada comezou cuns pasacalles a cargo da Charanga OT que, desde as 10:00 horas, percorreu as rúas da parroquia anunciando o inicio das festividades. A partir das 12:00 horas, a festa continuou cunha sesión vermú, amenizada pola Unión Musical de Tenorio. O momento central do día chegou ás 13:00 horas, coa misa solemne en honra ao Santísimo, que foi cantada pola Coral Polifónica de Campolameiro. Tras iso, os fieis participaron nunha procesión, acompañada tamén pola banda de música, nun acto que serviu para lembrar e honrar a memoria de 'Fari', impulsado pola propia Asociación de Festas de Xeve. O broche á xornada chegou pola noite coa animada verbena a cargo da orquestra La Ola ADN, que puxo a música e o ritmo para facer bailar aos asistentes e pechar ao grande as festas. [galleries:vertical:10588]