"Agora mesmo, é unha calma tensa", recoñecía sobre as 23.00 horas o alcalde de Vilaboa, César Poza, resumindo a situación que compartiron durante toda a noite os veciños dos núcleos de Vilar e Paradellas. Tras pasar toda a tarde e a noite na zona afectada polo incendio iniciado ás 16.37 horas en Santa Cristina de Cobres, a esa hora consideraba que a situación se daba por "controlada" na contorna das casas, pero había que seguir en alerta. O lume ameazou primeiro o núcleo de casas do lugar de Vilar, obrigando a Medio Rural a declarar a situación 2, como medida preventiva, pola súa proximidade ás vivendas e activando os protocolos de protección á ciudadania. Logo, co avance da tarde, achegaríase tamén a varias vivendas de Paradellas. En total, segundo o 112 Galicia, este lume que arrasou polo menos 20 hectáreas obrigou ao desaloxo de 14 persoas en Paradellas, veciños e veciñas de catro chalés que se viron asesiados polo lume durante varias horas, coas chamas a escasos metros, e de varias vivendas situadas pobo debaixo. Incendio en Santa Cristina de CobresMónica Patxot O incendio supuxo un amplo despregamento de medios de extincion tanto terrestres como aéreos. Primeiro despregáronse en Vilar e, cando o lume se achegou a Paradellas, os primeiros en chegar foron os veciños. Logo foron despregándose efectivos de Protección Civil de Pontevedra e Moaña e finalmente os bombeiros de Pontevedra e Ou Morrazo e os axentes forestais e bombeiros da Xunta. A ameaza, segundo César Poza, reduciuse "grazas aos veciños que estiveron aí traballando e púidose controlar". En todo caso, aínda que preto da medianoite falaba de control, tamén insistía en que "isto non é unha ciencia exacta, por desgraza". En declaracións a PontevedraViva en Paradellas, Poza xa avisaba: "no momento en que un cambio de vento levante máis aire, podemos estar nunha situación complicada, porque non deixamos de ter unha contorna de núcleos preto". Os veciños e veciñas foron desaloxados por precaución e, dado que durante toda a tarde estivo cortado a subministración eléctrica, Protección Civil e o Concello puxéronse en contacto con toda a poboación que podería estar nunha situación complicada para ofrecer axuda. É o caso, por exemplo, dunha persoa maior que precisa un respirador eléctrico, á que ofreceron baterías e colaboración. César Poza, alcalde de Vilaboa, no incendio en Santa Cristina de CobresMónica Patxot A luz cortouse para as tarefas de extinción mentres estiveron a traballar os medios aéreos. Unha vez que chegou a noite e os helicópteros e hidroavións tiveron que abandonar os traballos, recuperouse o sumnistro. Xabier foi un dos veciños que axudou a salvar o núcelo de Paradellas. Vive a uns 800 metros do lugar no que o lume se achegou a catro chalés e ao sete da tarde acudiu con varios veciños e non dubidou en penetrarse no monte para salvar as casas. Colleron auga da piscina dunha vivenda que estaba buxán neses momentos ata que a bomba quedou sen gasolina e, unha vez controlado o lume, foron buscar combustible para seguir traballando e mollar a contorna coa esperanza de "a ver si queda controlado". O vento axudoulles, pois sopraba en sentido contrario ás casas e metía o lume na zona forestal. Como o alcalde, tamén os veciños temían un cambio de vento que provocase "un problema serio". [galleries:vertical:10695]