A ministra de Defensa, Margarita Robles, atópase este sábado en Pontevedra onde visitou á Brilat. O obxectivo da visita, segundo detallou, foi coñecer de primeira man a participación da Brigada 'Galicia' VII na operación 'Sentinela Galego', na que 35 patrullas terrestres militares realizan un labor de vixilancia e disuasión dos montes nun total de trinta e nove municipios. A ministra estivo acompaña na Base "Xeneral Morillo" pola conselleira de Medio Rural, María José Gómez. Margarita Robles asegurou que a Unidade Militar de Emerxencias (UME) e o Exército de Terra manteranse traballando nos labores de prevención e extinción de incendios en Galicia "el tiempo que sea necesario". En declaracións aos medios de comunicación anunciou que "tanto esta operación 'Centinela Gallego' como la UME van a estar aquí en Galicia el tiempo que sea necesario, no ya solo cuando se hayan extinguido los incendios, sino que, de alguna manera, hasta que podamos respirar un poco más tranquilos", asegurou. A ministra tamén destacou que a cidadanía pide "unidad" e, cando as administracións traballan xuntas, son "mucho más fuertes". Aministra de Defensa, Margarita Robles, na Brilat Ministerio de Defensa