Aberto o prazo para o Programa de Conciliación en Cuntis

Wait 5 sec.

O Concello de Cuntis xa puxo en marcha o período de inscrición para o Programa de Conciliación do curso 2025/2026, unha iniciativa pensada para axudar ás familias a compaxinar mellor a vida laboral e familiar. Está dirixido a nenos en idade escolar, e desenvolverase durante todo o ano académico. O programa ofrece unha contorna segura e educativa onde os máis pequenos estarán ben atendidos fóra do horario lectivo. O alcalde, Manuel Campos Velay, destacou a importancia desta iniciativa para o municipio. "O noso compromiso coas familias de Cuntis é total", afirmou o rexedor. "Este servizo de conciliación é unha ferramenta esencial e irrenunciable para o noso grupo de goberno, xa que sabemos que axuda de forma directa ás nais e pais do noso municipio a poder compatibilizar o seu traballo e a vida persoal", declarou o rexedor. "Seguiremos apostando por políticas sociais que melloren a calidade de vida de todos os nosos veciños e veciñas", engadiu. A inscrición aberta estará aberta do 22 de agosto ao 2 de setembro. A publicación de admitidos será o 4 de setembro, na sede electrónica e nos taboleiros de anuncios do Concello. Haberá unha reunión informativa (obrigatoria para polo menos un membro de cada familia) o día 5 de setembro ás 20:00 h, no Centro de Educación Ambiental e Social (CEAS) Este programa desenvolverase no CPI Aurelio Marcelino Rey García, cos seguintes horarios: Mañás: de 7:15 a 8:45 horas e tardes: de 15:30 a 20:00 horas. O servizo estará dispoñible desde o 8 de setembro de 2025 até o 19 de xuño de 2026, incluíndo tamén as vacacións de Entroido e Semana Santa (excepto festivos). As familias interesadas poden realizar a inscrición a través da sede electrónica do Concello de Cuntis (https://concellodecuntis.sedelectronica.gal), onde tamén se pode descargar o formulario. Tamén se aceptarán solicitudes por correo electrónico auxiliareservizossociais@concellodecuntis.es.