Por que as candorcas entran nas rías galegas?

Wait 5 sec.

Durante anos, pensábase que as candorcas que visitaban as rías galegas viñan en busca de atunes. Con todo, grazas a un minucioso traballo de observación e análise a cargo do Instituto para o Estudo dos Golfiños Mulares (BDRI, polas siglas en inglés de Bottlenose Dolphin Research Institute) descubriron unha realidade moito máis sorprendente: veñen a por polbos! O pasado sábado 23, mentres os técnicos do BDRI seguían a un grupo de sete candorcas (entre elas, un macho adulto, varias femias mozas e mesmo unha cría), foron testemuñas dun comportamento moi revelador. As candorcas realizaban inmersións longas e verticais, organizábanse en parellas ou nadaban soas, cambiaban de rumbo con frecuencia, ascendían de forma controlada e facían breves pausas para respirar. Todo isto corresponde ao que os expertos chaman "forrajeo bentónico", é dicir, unha técnica de caza no fondo mariño. O máis emocionante chegou cando lograron documentar visualmente a unha orca cun polbo na boca xusto antes de comelo. Este comportamento, similar ao que mostran outros cetáceos especializados en presas do fondo mariño, como os calderóns grises, axudou ao BDRI a confirmar unha hipótese que levaba tempo xestándose. Ademais, coincide con antigos relatos de pescadores de Ribeira, que xa falaban de incursións de candorcas nas rías séculos atrás. Aínda que a súa presa principal en mar aberto segue sendo o atún, está claro que as candorcas tamén saben aproveitar as oportunidades que lles ofrece a costa. En momentos como o final do verán, cando os polbos abundan nas Rías Baixas, estas visitantes mariñas cambian de menú e achéganse ás nosas augas. Aínda que publicarán todos estes resultados en revistas científicas especializadas, o BDRI quixo compartir antes nas redes sociais esta fascinante historia. Porque non todos os días resólvese un misterio sobre un dos animais máis impresionantes do océano… e menos aínda nas nosas propias rías galegas! A patrulleira do Servizo Maritimo da Garda Civil Río Luna recibe aviso de que un veleiro con 4 tripulantes ten roto o seu temón por un grupo de 3 candorcas que están na zona de Illote de Noro