Presentan o borrador do proxecto para reformar a Rúa Casimiro Gómez

Wait 5 sec.

A reforma integral da Rúa Casimiro Gómez está un paso máis preto. O Concello de Pontevedra deu a coñecer este xoves o borrador do proxecto. Trátase dun trámite previo a un proceso de licitación que se espera formalizar antes de que acabe o ano. "É unha das poucas rúas pendentes de actuar nesa zona xunto a Pai Olmedo", recoñeceu o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, ao dar os primeiros detalles sobra a actuación prevista. É en todo caso un borrador "susceptible a modificación", polo que "abriremos unha fase de participación ensinándolle o proxecto aos veciños", avanzou. Miguel Anxo Fernández Lores presenta o borrador do proxecto de reforma de Casimiro GómezConcello de Pontevedra A previsión é investir na reforma 1.094.000 euros "a cargo do cánon da auga", explicou o rexedor avanzando que será custeado a través do contrato da empresa Viaqua. A reforma permitirá ampliar as beirarrúas, mellorar a iluminación e plantar árbores na vía, que "manterá a dirección tal e como está", é dicir, cun tramo de dobre sentido na súa parte alta e só de baixada desde a igrexa Virxe do Camiño. "Consistirá nunha mellora substancial da calidade urbana na rúa", ha defenido Fernández Lores confiando en que poidan executarse as obras ao longo do próximo ano 2026.