Cara a cara #666: Martes Mal estrea single

Wait 5 sec.

Mateo Maño (voz e guitarra), Anxo Rodríguez (batería) e Daniel Suárez (baixo), son Martes Mal. Por que Martes Mal?, para que contalo en terceira persoa se eles cóntano neste podcast en primeira; en primeiras persoas. Oriúndos de Ribeira, Oleiros e Catoira, coñecéronse en Pontevedra; e aquí continúan coa intención de facerse un oco entre o panorama das bandas emerxentes. "Cariñosos pero punkies" preséntanse nas súas redes e plataformas para definirse musicalmente. Un estilo que canalizaron cara a "unha etapa máis garaxera, punkarra". Desde 2023 até hoxe publicaron seis sinxelos, o sétimo chegará este próximo domingo 31 co título de 'Un trozo de papel'. Tamén estarán en directo a partir das 20.30 horas en Arrocería A Lanzada de O Grove. Aquí en Pontevedra haberá ocasión de escoitalos en setembro , o venres 19 na SoulBeer.