Árbitro asturiano para a estrea da tempada do Pontevedra en Primeira RFEF

Wait 5 sec.

O Comité Técnico de Árbitros (CTA) deu a coñecer as designacións de colexiados para a xornada inaugural da liga en Primeira RFEF, categoría á que regresa o Pontevedra Club de Fútbol. Os granates mediranse este sábado 30 de agosto (17.00 horas) ao Cacereño no Estadio Municipal de Pasarón, e farano cun árbitro asturiano impartindo xustiza. Trátase do ovetense Francisco García Riesgo, que estará auxiliado nas bandas por Pelayo Buergo e Jabir Bouiri e contará con Iván García como cuarto colexiado. Será a sexta vez que García Riesgo se cruce co Pontevedra, cuns positivos precedentes previos en canto a resultados. O asturiano, de 29 anos, afronta a súa cuarta tempada consecutiva en Primeira RFEF, unha liga na que xa se atopou cos granates en dúas ocasións previas na campaña que disputaron nela (22-23). Foi en senllas vitorias en Pasarón fronte a Talavera (3-0) e Linares (3-1). Ademais en Segunda B acudiu outras dúas veces a Pasarón cun 2-1 ao Celta B (tempada 20-21) e un 1-1 contra o Compostela (21-22). A nómina de partidos arbitrados ao Pontevedra complétase cun desprazamento ante o Arenteiro con resultado de 1-5. En definitiva o club pontevedrés ten un balance de catro triunfos e un empate co árbitro que dirixirá o primeiro encontro do curso. Pola contra será o primeiro partido que Francisco García Riesgo arbitre o Cacereño.