O Poio Pescamar arrasa no seu segundo test de pretemporada

Wait 5 sec.

O Poio Pescamar continúa afinando a súa preparación de cara ao comezo ligueiro. Este sábado, na súa segunda cita de pretemporada, o conxunto conserveiro impúxose con autoridade ao Novasemente no Pavilhão Municipal Napoleão Guerra de Espinho (Portugal), asinando un sólido triunfo. O equipo vermello ofreceu unha actuación moi completa en todas as facetas do xogo e volveu demostrar a amplitude de recursos do seu plantel. Proba diso foi que o seis tantos do encontro levaron a firma de seis xogadoras distintas: Pedreira, Bravo, Èlia, Chuli, Candela e Zaide. Tras este segundo ensaio, o Poio Pescamar afrontará o vindeiro sábado o seu último compromiso antes do inicio oficial da tempada. Será o 30 de agosto, ás 18:30 horas, no Pavillón da Seca fronte ao Ourense FSF, nun duelo que servirá tanto como test final de preparación como para a presentación oficial do equipo ante a súa afección.