Éxito absoluto do IX Saltar na Rúa

Wait 5 sec.

A Praza da Ferrería viviu este sábado unha tarde única cunha nova edición do Saltar na Rúa. Unha vez máis, o bo ambiente e a agradable temperatura convidaron tanto á práctica como ao goce do atletismo en pleno centro da cidade, reunindo a numeroso público que se congregou na praza para apoiar aos atletas. A exhibición comezou co salto de lonxitude, onde nomes como Sergio Coello, Unai Loureiro, Henar Suárez, Andrea Villaverde, ou a portuguesa Ana Rita Silva, habitual deste evento, sorprenderon aos asistentes. O espectáculo continuou co triplo salto, onde destacaron, entre outros, Isaac Casal (atleta da Ximnástica), Ana Rita Silva, Sergio Coello, Diego Míguez (actual campión galego) e Raúl Cortizo, atleta que dobrou participación nos saltos horizontais. IX Saltar na RúaSociedade Ximnástica de Pontevedra O prato forte da tarde chegou co salto con pértega, a modalidade máis vistosa desde calquera punto da praza. Nesta ocasión brillaron especialmente os atletas portugueses Filipa Dinis, campioa nacional, e Diogo Meneses, a sensación do evento. Meneses superou con solvencia todas as alturas até alcanzar os cinco metros, momento no que a Ferrería estalou en aplausos. Tamén recibiron un agarimo especial Manuela Blanco, Aitor Fernández, que demostrou a aparente sinxeleza dunha disciplina tan exixente, e a moza local Marina Artemia Pérez, que tamén participou en lonxitude.