Morre o adolescente de Marín que se tirou ao Lérez desde a ponte de Monte Porreiro

Wait 5 sec.

Despois de dez días ingresado na unidade de coidados intensivos do Hospital Montecelo, este xoves morreu o adolescente que se tirou ao río Lérez desde a ponte de Monte Porreiro. O suceso tivo lugar o pasado luns 11 de agosto. Aquel día, este mozo de 16 anos, veciño de Marín, atopábase estaba en compañía doutras persoas cando, por motivos que se descoñecen, tirouse ao río desde a Ponte das Palabras. Segundo informou o Concello de Pontevedra, o mozo quedou inconsciente e foi rescatado polos bombeiros, que trataron de reanimalo xunto ao persoal do 061 antes de ser trasladado en estado moi grave á UCI de Montecelo. O Marín Futsal, equipo no que xogaba este mozo na categoría de xuvenil, confirmou a triste noticia a través das súas redes sociais ."Con los corazones rotos, hoy nos toca despedirnos de alguien que partió demasiado pronto, alguien que dejó una huella profunda en todos los que tuvimos la suerte de conocerlo". "Marcos tenía solo 16 años, y formaba parte de nuestra familia del Marín Futsal, no sólo como jugador, sino como amigo, como compañero", escribiu o club. "Tu legado en el Marín Futsal no se medirá por los goles ni por los trofeos, sino por el cariño que sembraste en todos nosotros. Gracias por habernos regalado tu luz. Siempre con nosotros". pic.twitter.com/rZBVxFpVNJ — Marín Futsal (marin_futsal) August 21, 2025 A fatídica noticia coincidiu este xoves coa morte doutro neno de 14 anos de Marín ao tirarse á auga desde o peirao de Aguete.