Marín ofertará 21 disciplinas nas Escolas Deportivas Municipais 25-26

Wait 5 sec.

Co inicio do curso académico arrinca tamén a actividade das Escolas Deportivas Municipais de Marín. O Concello confirmou a listaxe de deportes e disciplinas que ofertarán os clubs locais ao longo do curso 25-26. Serán en total 21 as disciplinas deportivas dispoñibles. Todo iso cun custo de 55 euros por neno, válido para todo o curso deportivo (do 1 de outubro ao 31 de maio). O período de anotación irá do 8 ao 19 de setembro, tempo no que o formulario de inscrición estará dispoñible a través da páxina web do Concello de Marín e tamén contactando cos clubs organizadores de cada actividade. Antes diso a Alameda e o Parque Eguren acollerán o día 5 de setembro ás 16.30 horas a tradicional festa de presentación das escolas. Para o curso 25-26 as Escolas Deportivas Municipais de Marín ofertan as seguintes actividades: Paddle Surf - Imua Paddle Surf Club Aguete - Porto de Aguete Fútbol sala - Marín Futsal/CD La Peña - O Sequelo, A Cañota, Illa de Tambo, San Narciso Atletismo - Club San Miguel - Estadio Municipal San Pedro Taekwondo - Club Mat's - Rúa Inferniño 10 Tríatlon - Club Deportivo Pinarium - Escola Naval, Piscina Municipal Voleibol - Club Deportivo SEI San Narciso - Colexio San Narciso Baloncesto - Club Baloncesto PeixeFresco Marín - Pavillón da Raña Ximnasia Rítmica - Club Rítmica Inmare - IES Mestre Landín Remo - Club de Remo Ría de Marín - Porto de Marín Kickboxing - Asociación de Boxeo de Pontevedra - CEIP Carballal Ximnasia Acrobática - Club Ximnasia Vila de Marín - Colexio San Narciso Natación - Soom Management - Piscina Municipal Vela - Real Club Mar de Aguete - Porto de Aguete Judo - Club Dom+ Judo Marín - Pavillón da Raña Fútbol - EF Vila de Marín - Estadio Municipal San Pedro Tenis - Club de Tenis Marín - Pavillón da Laxe Boxeo Olímpico - Team Thunder - Pavillón da Raña Ciclismo BTT - Clube XSM - Chan de Gagán Piragüismo - Club Piragüismo Tambo - Porto de Marín Pilates - Xestión de instalacións - Colexio San Narciso Salvamento - Club SAPO Pontevedra - Piscina Municipal