O festival máis esperado de Vilaxoán, que este ano se celebrará do xoves 11 ao domingo 14 de setembro, acaba de anunciar os horarios dos seus máis de 30 concertos e sesións de DJ. Tres xornadas cheas de música, festa e moita enerxía nas que non faltarán artistas para todos os gustos. Un dos momentos máis especiais chegará o sábado ao mediodía cun concerto moi significativo: Lendakaris Muertos subirase ao escenario ás 12:30 horas para ofrecer a súa última actuación en Galicia antes de facer un "parón indefinido". Unha cita que promete ser inesquecible para os seus fans e para toda a familia do Resesas. As entradas e abonos están dispoñibles en resesas.com e cambiarán de prezo o luns 1 de setembro. Nos próximos días, o festival completará a súa programación co anuncio das actividades paralelas e os esperados Concertos a bordo. HORARIOS XOVES 11 17.50: A Duendeneta 18.20: Hugo Guezeta (Escenario Galicia) 19.20: Dick Move (Escenario Vibra Mahou) 20.20: The Rapants (Escenario Galicia) 21.35: The Baboon Show (Escenario Vibra Mahou) 22.45: A Duendeneta 23:15: Dubioza Kolketiv (Escenario Galicia) 00.40: Sanguijuelas del Guadiana (Escenario Vibra Mahou) 01.50: Buhos (Escenario Galicia) 03.00: Galician Army (Escenario Vibra Mahou) VENRES 12 16.30: A Duendeneta 16.50: Seitura (Escenario Galicia) 17.45: J Martina (Escenario Vibra Mahou) 18.50: Sés (Escenario Galicia) 20.00: Les Testarudes (Escenario Vibra Mahou) 21.00: A Duendeneta 21.30: Fermin Muguruza (Escenario Galicia) 23.40: Sons of Aguitte & Scila (Escenario Vibra Mahou) 00.40: Baiuca (Escenario Galicia) 01.55: Svetlana (Escenario Vibra Mahou) 02.55: Talco (Escenario Galicia) SÁBADO 13 11.00: A Duendeneta 11.30: Filloas (Escenario Vibra Mahou) 12.30: Lendakaris Muertos (Escenario Galicia) 13.45: A Duendeneta 14.15: Monoulious Dop (Escenario Vibra Mahou) 15.20: Mondra (Escenario Galicia) 16.35: F.R.A.C. (Escenario Vibra Mahou) 17.30: Dakidarría (Escenario Galicia) 19.00: Bewis de la Rosa (Escenario Vibra Mahou) 20.05: Heredeiros da Crus (Escenario Galicia) 21.20: A Duendeneta 21.50: Onza (Escenario Vibra Mahou) 23.00: Riot Propaganda (Escenario Galicia) 00.30: La Élite (Escenario Vibra Mahou) 01.40: La Fúmiga (Escenario Galicia) 03.00 Omiri (Escenario Vibra Mahou) Fin de Festa: Yaya Dj (Escenario Vibra Mahou) DOMINGO 14 12.30: Os Terribles de Arousa (Parque Dona Concha) 13.00: Concerto Punkinfantil (Escenario Deleite) 13.30: Sardiñada Turismo Rías Baixas (Parque Dona Concha) 14.15: As do Xeito (Parque Dona Concha) 15.30: Mekánika Rolling Band (Parque Dona Concha) 17.15: Gala de Circo Solidaria (Escenario Deleite) 19.45: Orquestra Bravú Xangai (Escenario Vibra Mahou) 21.15: Terrae (Escenario Vibra Mahou)