Pasteiros como barreira natural contra os incendios forestais

Wait 5 sec.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou este mércores 27 o pasteiro do Monte da Grifa, Monte Veciñal en Man Común de Xesta, no concello pontevedrés da Lama, onde subliñou a dupla función estratéxica destas infraestruturas: servir como barreira natural contra os incendios forestais e impulsar a actividade gandeira. O pasteiro visitado abrangue 34 hectáreas e supuxo un investimento de 228.700 euros, que permitiu executar traballos de roza mecanizada, sementeira e instalación de peches e cancelas, entre outras labores necesarias para a súa posta en funcionamento. Gómez explicou que esta actuación forma parte do Plan de Pastos de Galicia, unha iniciativa que desde 2020 mobilizou máis de 1.930 hectáreas distribuídas en 80 pasteiros, cunha inversión total que alcanza os 10,5 millóns de euros. A estas cifras súmanse as 519 hectáreas que se están a mobilizar durante 2025 en 26 novos pasteiros, cun orzamento adicional de 4 millóns de euros, o que evidencia a continuidade e ampliación desta política sectorial. A conselleira destacou que este tipo de actuacións supoñen unha "mellora significativa" para a actividade gandeira da zona e contribúen á posta en valor do medio rural galego. Visita da conselleira de Medio Rural a un pasteiro da LamaConsellería de Medio Rural Os pasteiros, segundo explicou no encontro co alcalde David Carrera, non só proporcionan recursos alimentarios para o gando, senón que tamén actúan como elementos preventivos na loita contra os incendios forestais ao crear espazos libres de vexetación combustible. Esta estratexia combina o desenvolvemento económico do sector primario coa protección ambiental, indicou Gómez.