Antía García suma catro medallas europeas máis á súa colección

Wait 5 sec.

Gran papel o protagonizado por Antía García no Campionato de Europa por Nacións de Salvamento disputado en Polonia entre o 25 e o 27 de agosto. Na Piscina Floating Area de Szczecin, a deportista caldense logrou sumar até catro medallas continentais coas que ampliar a súa xa espectacular colección de trofeos internacionais. Antía proclamouse campioa de Europa coa remuda 4x50 tubo feminino, con récord de España incluído. Ademais tamén logrou a medalla de prata nos 100 aletas rebaixando a súa propia plusmarca nacional, e repetiu segundo posto coa remuda feminina 4x25 arrastre. O seu botín completouse cun bronce na remuda feminina 4x50 obstáculos. Antía García (esquerda) cunha das medallas conseguidas no Europeo de NaciónsRFESS A participación no Campionato de Europa completouse cun cuarto posto na proba de 100 SOS e dous quintos en 50 arrastre e 100 combinada. Unhas medallas que se suman ás 5 conseguidas no Europeo de Bélxica en 2023 e a outras catro no celebrado en Castellón en 2021, e que completan ademais un verán espectacular no que logrou dous bronces nos World Games. "É a mellor deportista da historia do salvamento e socorrismo. Non temos moitas máis palabras que dicir", afirman desde o seu club, o Acuático Umia, e non é para menos.