Primeira fichaxe para o cuarto ano do Waterpolo Pontevedra en Primeira Nacional

Wait 5 sec.

Por cuarta tempada consecutiva o Club Waterpolo Pontevedra competirá na Primeira Nacional Feminina, e xa está ao choio para configurar o seu novo proxecto deportivo. A entidade pontevedresa confirmou a que é a súa primeira incorporación para o novo curso. Trátase de María del Castillo Rodríguez Muñoz. Procede do UWC Jérez. A pesar da súa mocidade, 21 anos, conta con cinco tempadas de experiencia en Liga Nacional co Club Waterpolo Dos Hermanas. Unha xogadora que "achegará a súa experiencia nas posicións 1 e 2", afirma o Waterpolo Pontevedra.