Los diez lanzamientos 7 novembro

Wait 5 sec.

Vaia semanita de incertezas. Fose mercadotecnia, fose filtración, o certo é que xa está dispoñible 'LUX' o disco do ano neste país co nome de Rosalía por diante. O novo álbum da rompedora catalá está nesta edición de 'Los diez lanzamientos' e tamén a volta de Daddy Yankee con Bizarrap, Tu Otra Bonita, e o dueto entre Carlos Santana e Carín León. Para os máis boomers, 'El último vals' é disco e é xira dunha icona musical: Miguel Ríos. Posterior, pero tamén icónicos o trío Mecano ao que pertenceu Ana Torroja que trae moito dela en 'La maleta'. Sinxelos ademais de La Plazuela, de Montedapena con Laura LaMontagne, Elena Carat e José Bonaparte.