Unha avaría eléctrica rexistrada este xoves 6 na parroquia de Arcos, en Cuntis, deixou sen subministración a uns 300 veciños das zonas de Furco, Caeiro, Piso, Anllada e Arcos. A incidencia, probablemente derivada das chuvias e do vento durante ás últimas horas, tamén obrigou a cortar o tráfico a estrada local que conecta Vilar co lugar de Caeiro. Este corte é consecuencia da caída dun cable, segundo informa o Concello de Cuntis. Desde o goberno local solicitan á veciñanza que utilice rutas alternativas mentres duren os traballos de reparación. Estes traballos agárdase que duren varias horas ao longo deste xoves 6 de novembro. Zona onde caeu o cable eléctrico en CuntisConcello de Cuntis Para máis información ou en caso de emerxencia que se poidan rexistrar, o alcalde Manuel Campos recomenda á cidadanía que utilice o contacto co Concello no teléfono 986 548 677 ou co servizo 112 Galicia.