Pontón esixe recursos para financiar a EDAR de Soutomaior: "É unha necesidade impepinable"

Wait 5 sec.

A través do trámite de emendas aos orzamentos da Xunta para 2026, o BNG reclamará recursos para poder financiar a nova EDAR de Soutomaior. Así o avanzou a súa portavoz nacional, Ana Pontón, durante a visita que fixo este venres ao municipio. Esta depuradora, segundo Pontón, "nos parece unha necesidade impepinable", sobre todo por que considera que é "fundamental" para a conservación do medio ambiente. A EDAR "ten que construirse canto antes", reivindicou, para o que será necesario garantir un financiamento "xusto" para que se poida completar este compromiso. A líder do BNG, que entre outras actuacións acudiu a comprobar o estado das obras de humanización do Camiño de Santiago ao seu paso por Arcade, destacou que Soutomaior é un exemplo de cómo o modelo municipal do seu partido "mellora a vida da veciñanza". "Nós poñemos as persoas no centro", indicou a dirixente nacionalista, xerando máis benestar e máis dinamismo económico, algo que considera que é un "signo de identidade" do BNG. Visita de Ana Pontón a SoutomaiorBNG Ana Pontón, que estivo acompañada polo alcalde, Manu Lourenzo, apuntou como, logo de tan só dous anos, xa se nota a "capacidade de transformación" que teñen os gobernos municipais do BNG, que son capaces de "transformar en positivo" os concellos galegos. Por iso, Pontón amosou o seu "orgullo" do avance que está experimentado o municipio e se mostrou convencida de que será algo que os veciños e veciñas da vila "van a valorar". O propio Lourenzo recoñeceu que é agora cando "empeza a visibilizarse" todo o traballo dos primeiros dous anos de mandato, marcados polo inicio dunha "transformación absoluta" do modelo urbano de todo o municipio. O obxectivo era, segundo o alcalde, "deixar atrás un modelo urbano obsoleto e anticuado" e que, ao seu entender, "hipotecaba dalgunha maneira o futuro" do concello. Agora, o de Soutomaior "é un modelo urbano de referencia e pensado para as persoas" e o centro de Arcade, sentenciou o responsable municipal, "un exemplo máis do modelo de éxito BNG que se estende ao longo de todo o país".