As castañas conquistan Cuntis da man do chef Iván Méndez

Wait 5 sec.

Cuntis é famoso polo Castro de Castrolandín, polas súas augas quentes ou polo lacón con grelos, pero onte o plato protagonista era a castaña. O chef Iván Méndez, que tamén repite na vila termal, impartiu unha clase maxistral arredor deste alimento pero cociñado dun xeito diferente. Risotto con Castaña e Revolto de cogomelos e Castaña e un Biscoito con Castaña. Ás 19:30 horas comezaba o obradoiro de cociña na Casa do médico e as persoas asistentes reuníanse na porta para coller un sitio privilexiado no que non perderse ningún consello do cociñeiro. Coa clase, Iván daba mostra do seu bo facer co público, o cal invitou a preguntar dúbidas pero tamén a axudar nas elaboracións. O alumnado superou a trintena cun rango de idade moi amplo que foi dende cativos a xubilados, mostrando unha equidade con respecto o sexo. Destacar a presenza dos rapaces de Habilitas Fogar que mostraron a súa boa maña no arte da cociña. O rematar a clase un atronador aplauso recoñeceu o traballo do cociñeiro o que invitaron a voltar cunha nova proposta.