A Rúa Rouco sufrirá un corte de tráfico durante a xornada deste domingo 31 de agosto, debido á desmontaxe dun guindastre torre. A operación, que se levará a cabo en horario aproximado de 07:00 a 20:00 horas, provocará afeccións na mobilidade na contorna da Praza de Barcelos. Segundo informou o Concello de Pontevedra, só se autorizará a saída da contorna da Praza de Barcelos dos vehículos procedentes do párking a través da rúa Vasco da Ponte cara a Benito Corbal. Un tramo da Rúa Rouco quedará completamente pechado ao tráfico. Na zona que permaneza aberta, só poderán acceder e saír os vehículos dos garaxes, empregando a rúa en ambos os sentidos. Para garantir a mobilidade e xestionar as afeccións, o Concello habilita un plano de mobilidade con sinalización específica. Esta intervención é necesaria para garantir a seguridade durante os traballos de desmontaxe do guindastre, polo que se solicita a colaboración e comprensión da cidadanía. Recoméndase aos condutores que prevexan rutas alternativas. Rúa Rouco, en PontevedraPontevedraViva