Seis concellos da comarca únense para potenciar a inserción laboral

Wait 5 sec.

Cuntis, Caldas de Reis, Portas, Barro, A Estrada e Moraña únense para poñer en marcha un novo Programa Integrado de Emprego, tras o éxito dos proxectos anteriores, que conseguiron un alto índice de colocación entre os participantes. A iniciativa está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal. O programa está dirixido a persoas desempregadas empadroadas en calquera dos seis concellos e que pertenzan aos colectivos aos que se orienta. Os participantes poderán acceder a actividades formativas e prácticas en empresas en diferentes áreas, entre as que se inclúen: Loxística de almacén; Técnicas de venda en froiterías, peixerías e carnizarías, así como traballo en caixa; Cursos relacionados co sector forestal; Informática; Conducción de carretillas elevadoras; Nivel básico de prevención en construcción; Manipulación de alimentos; Soldadura e Mantemento de fontanería. Os interesados poden informarse ou inscribirse contactando directamente cos concellos. Trátase dunha oportunidade para mellorar a formación e aumentar as opcións de emprego da veciñanza sen ter que saír da súa contorna. Todas as persoas inscritas no programa percibiran unha axuda pola súa asistencia ás diferentes actividades nas que participen. Tamén se contempla a posibilidade de sufragar servizos para facilitar a conciliación das persoas participantes no programa, ademais de contar cos centros e servizos propios dos concellos participantes.