Segues sen identificar o contido desta edición dos 'Paisajes progresivos'?. Atención entón á explicación de Alberto Pazo, produtor e condutor deste podcast. "Hoxe propóñovos unha viaxe aos sons envolventes, melancólicos, evocadores e hipnóticos dun instrumento celestial: o mellotron". Posto en situación, seguimos. "ligado indisolublemente ao rock progresivo, este enxeño e os seus intérpretes deixaron e seguen deixando momentos de incomparable beleza e un bálsamo para os nosos oidos". "Recreámonos hoxe cos mellotronazos de Genesis, Anekdoten, Morte Macabre, Barclay James Harvest, Maestoso, Trion, Celeste, The Moody Blues, Yes e King Crimson. Aí é nada. Toca gozar ao grande".