VIVEIRO CF 1-2 AROSA SC Un Arosa moi superior impúxose ao Viveiro no recentemente estreado céspede de herba natural de Cantarrana. Os locais entregaron o control ao cadro arlequinado, que xerou o maior número de ocasións claras. Ayub interveu nun par de accións, pero non puido evitar o tanto de Iñaki, que chegou tras un rebote na área local. Tras o gol, o Viveiro deu un paso adiante e buscou o empate, que logrou tras un saque de esquina que rematou Diogo ao interior da rede cun derechazo cruzado. Na segunda parte, o guion seguiu igual, co Arosa creando perigo e o gardameta local salvando ao seu equipo dunha derrota máis avultada. Finalmente, tras unha falta sacada por Remeseiro, Javi Rey rematou ao segundo pau para facer o 1-2 definitivo. Nos últimos minutos o Viveiro tivo opcións para empatar, pero non logrou superar a Chema. Consulta a acta neste enlace CÉLTIGA 2-0 SILVA O equipo da Illa superou por 2-0 a un Silva que continúa pechacancelas con catro puntos e unha única vitoria. O equipo local grazas a un dobrete de Adrián Rodríguez no primeiro tempo e encadean o seu terceiro triunfo consecutivo. O Céltiga controlou a partida fronte ao faroliño vermello, que non tivo opcións de recortar distancias na segunda metade. Con este triunfo, os de Luís Carro sitúanse oitavos con seis puntos de vantaxe sobre o descenso. Consulta a acta neste enlace JUVENTUD CAMBADOS 0-1 GRAN PENA FC O Cambados caeu na matinal deste domingo fronte ao conxunto vigués cun solitario gol de Antón de Vicente no minuto 23. A pesar da derrota, o conxunto de Burgáns mantéñense no posto 13 da clasificación con nove puntos, a dous do descenso. Consulta a acta neste enlace