Fin de semana redondo para as seleccións galegas sub-14 e sub-16, que finalizaron como campioas de grupo na primeira fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) celebrado en Poio. Ambos os conxuntos impuxéronse con claridade nos seus respectivos enfrontamentos e agora loitarán por acceder á Primeira División do CESA. Tras os partidos ante Canarias e Asturias, Galicia sabía que debía derrotar a Melilla para quedar primeira de grupo e acceder á seguinte fase con ese posto asegurado. Os máis pequenos golearon 4-0 cos dous tantos de Mateo Quintana e os de Nico Mindiola e David Trillo, logrando o primeiro posto grazas á diferenza de goles con Asturias, coa que acabaron empatados a sete puntos. Pola súa banda, os sub-16 tamén tiñan que golear e cumpriron con fartura (11-0), quedando primeiros cun punto de vantaxe sobre Asturias. Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub-14 y sub-16RFEF Tres tantos foron de Hugo Chamadoira, dous de Iván Villarino e Abdoul, e un de Raúl Lema, Anxo Castro, David Sueiro e Mateo Míguez.