Talento feminino a mancheas no campus cunha exposición sobre 15 referentes creativas galegas

Wait 5 sec.

A exposición "Elas crean" estableceuse esta semana á Facultade de Belas Artes do campus de Pontevedra co propósito de dar visibilidade á traxectoria de 15 mulleres galegas destacadas en diferentes disciplinas creativas. Promovida polo Campus Crea e financiada pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, a iniciativa convida a comunidade universitaria a coñecer artistas, fotógrafas, cineastas e deseñadoras que son referentes nos seus ámbitos. A mostra, coordinada por Ana Belén Fernández Souto, Beatriz Collazo e Alberte Román, poderá visitarse na Facultade de Belas Artes ata o 21 de novembro. Continuará logo o seu percorrido pola Facultade de Comunicación (do 24 de novembro ao 12 de decembro) e a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (do 15 de decembro ao 20 de xaneiro), con intención de chegar tamén a centros de ensino secundario. Entre as protagonistas figuran profesoras da propia facultade como Ana Soler e Mar Caldas, e creadoras recoñecidas como Maruja Mallo, Elena Colmeiro, Ángela de la Cruz ou Pamen Pereira; así como as cineastas Margarita Ledo, Sonia Méndez e Jaione Camborda, e fotógrafas como Cándida Filomena Otero, Eva Díez e Lúa Ribeira. O ámbito do deseño está representado por Uqui Permui, as Yarza Twins e Carmen Arias. A exposición preséntase na planta baixa da facultade de Belas ArtesDUVI - Universidade de Vigo Ademais dos paneis informativos sobre as creadoras e as súas traxectorias, a exposición inclúe un tótem co obxectivo de reforzar a identidade e especialización do Campus Crea nas áreas de arte, deseño, comunicación e educación. Na inauguración, destacouse a importancia de que as alumnas poidan atopar referentes reais e próximos, e de reivindicar o labor de mulleres que, malia o seu valor, permanecen pouco recoñecidas pola sociedade.