O Arxil comeza a tempada con derrota ante o Ibaizabal

Wait 5 sec.

Mal inicio de tempada para o Club Baloncesto Arxil no Pavillón Príncipe Felipe, onde caeu derrotado por 46-61 ante o Ibaizabal. O conxunto pontevedrés, cun plantel renovado e moi novo, mostrou escintileos de calidade, aínda que a escasa efectividade de cara ao aro acabou penalizándolle. O Arxil, recentemente descendido a Liga Feminina 2, comezou con ganas, apoiado no acerto de Marta Maestro, que anotaba a metade dos puntos do equipo (6) para manter o man a man co Ibaizabal (12-15). A loita continuou no segundo cuarto de maneira equilibrada, con Kelly Chasse cobrando protagonismo nas filas do Arxil e con Leyre Vindel facendo o propio no conxunto vasco (27-31). Tras o descanso a historia apenas cambiou. As visitantes mantiveron a intensidade e ampliaron aos poucos a súa curta aínda que valiosa renda, apoiándose nunha imparable Leyre Vindel que anotaba 28 puntos e facíase cun total de 10 rebotes. No caso do Arxil, a súa máxima anotadora foi Lucía Flores, con nove puntos. A próxima cita do conxunto pontevedrés será o vindeiro sábado 11 de outubro ante o Smartlog Ointxe de Guipúzcoa. Consulta as estatísticas neste enlace