O movemento veciñal homenaxea a Carmen Avendaño, "un exemplo de loita, dignidade e esperanza"

Wait 5 sec.

O centro social de Salcedo, en Pontevedra, acolleu este sábado unha homenaxe á figura de Carmen Avendaño, unha muller pioneira no combate contra o narcotráfico en Galicia. "É un exemplo de loita, dignidade e esperanza", sinalou o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, unha muller que co seu esforzo "permitiu romper silencios e tabús". Avendaño é unha das integrantes do colectivo Érguete, un grupo de nais con fillos drogodependentes que lideraron a loita social contra os grandes traficantes de drogas desde a década dos 80 en diante. A súa loita, xunto coa de tantas outras mulleres, "cambiou" este país, segundo Blanco, "alcanzando unha conquista tras outra". Foi a través dunha cidadanía organizada "que demostraba ao mundo que se podían gañar dereitos e construír, co esforzo de todos e de todas, unha sociedade mellor". Homenaxe en Salcedo a Carmen AvendañoConcello de Pontevedra A propia Carmen Avendaño estivo presente nesta homenaxe, impulsado pola Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro (Cogave). Este acto reuniu a numerosos cargos institucionais e representantes da sociedade civil. Entre estas autoridades estiveron tamén a edil pontevedresa María José Abilleira ou o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, Jacobo Rey. Ambos destacaron que toda a sociedade galega "débelle moito" a unha muller como Carmen Avendaño, "todo un referente" no movemento social das familias galegas.