2025 | O ano marcha deixando perdas significativas no ámbito cultural, deportivo e social

Wait 5 sec.

O 2025 bota o pano deixando tras de si un ronsel de ausencias destacadas en diversos puntos das Rías Baixas. Perdas notables nos ámbitos culturais, sociais, políticos e deportivos. CULTURA E ARTE Xaneiro | César Lombera: O escultor que humanizou as rúas de Pontevedra co seu Monumento á Tertulia no Café Moderno. A súa arte urbana seguirá sendo testemuño da historia intelectual da cidade. Xullo | Armando Guerra: Baixista dos míticos Black Stones. O seu falecemento en pleno verán deixou un baleiro no rock pontevedrés e na memoria das verbenas que marcaron a varias xeracións. Armando GuerraBlack Stones Agosto | Carlos Taboada: Con tan só 45 anos, a súa perda deixou en shock á cultura galega. Cofundador de Polo Correo do Vento e Lela Edicións, dedicou a súa vida á ilustración e á divulgación da nosa lingua entre os nenos. Un activista da ledicia e o saber. Carlos Taboada nunha actividade da Semana LorquianaDeputación de Pontevedra Novembro | José Freixanes: Mestre da pintura de vangarda e catedrático. A súa influencia plástica e a súa pegada na formación de novos artistas sitúano como un dos grandes nomes da arte galega contemporánea. O pintor José FreixanesConcello de Vilagarcía de Arousa Decembro | Celso Bugallo: O actor que naceu en Sanxenxo e que, durante anos, viviu en Pontevedra, gañador do Goya por Mar adentro, e que logrou grandes éxitos con películas como Los lunes al sol, faleceu deixando un legado de dignidade interpretativa. Referente do cine e o teatro, foi unha figura querida que nunca perdeu o vínculo coa súa cidade de adopción. Celso Bugallo recollendo o premio GoyaRTVE POLÍTICA, SOCIAL E INSTITUCIÓNS Xaneiro | José Manuel Valenzuela Fernández. Doutor que falecía aos 80 anos. Tivo unha ampla traxectoria profesional como hematólogo e foi fundador do laboratorio que leva o seu nome. Referencia no sector sanitario privado tivo tamén un destacado labor como médico analista e promotor do Banco de Transfusións de Galicia Xaneiro | Juan Soto Vidal: O 7 de xaneiro despedimos a un referente da solidariedade galego-cubana e da defensa do patrimonio co colectivo Capitán Gosende. O seu "sorriso e retranca insuperable" foron o motor do seu compromiso civil. Juan SotoCalros Solla Marzo | José María Domínguez Vidal. Presidente nos últimos anos da Comunidade de Montes de Campañó e figura clave no asociacionismo da parroquia pontevedresa. Falecía aos 65 anos de idade. Funcionario da Deputación de Pontevedra, Domínguez foi un dos responsables da creación da Asociación Cultural Deportiva (ACD) Campañó e promotor da Carreira Pedestre de Campañó. José María Domínguez na presentación da IX Carreira Pedestre de CampañóMónica Patxot - Arquivo Marzo | José Recuna Villaverde: Primeiro alcalde da democracia en Vilagarcía de Arousa. Unha figura histórica que liderou a transformación da vila arousá en tempos de transición. Marzo | Roberto Rey Cons. Médico que exerceu no Hospital Provincial ata a súa xubilación en 2007. Neste centro foi xefe da área de Radioloxía. Falecía aos 87 anos de idade. Avó da deputada socialista pontevedresa Paloma Castro. Marzo | Juan Muradas: Histórico concelleiro socialista en Marín. Político de proximidade e home de empresa, a súa capacidade de diálogo fíxolle gañar o respecto de toda a corporación e da veciñanza. Juan Muradas e María Ramallo. Concello de Marín Abril | José Portela Leirós: Decano dos procuradores de Pontevedra durante dúas décadas. Líder da loita pola capitalidade en 1998, foi unha figura institucional de gran calado e un activo defensor das tradicións locais e os montes comunais. O procurador José Portela LeirósConsello Galego de Procuradores Xullo | Arturo Pichel: Empresario da construción e concelleiro do PP entre 1995 e 2007, participou activamente na vida política municipal da capital durante máis dunha década. Arturo Pichel Partido Popular de Pontevedra Setembro | Ernesto Filgueira Eiras: Impulsor de Zona Monumental. Aos 94 anos, finou o home que máis loitou por revitalizar o centro histórico de Pontevedra a través do pequeno comercio. Ernesto Filgueira Touriño, Miguel Anxo Fernández Lores e Ernesto Filgueira Eiras, no 50 aniversario de La Casa de los ParaguasMónica Patxot Outubro | Mayte Ramírez: Propietaria de La Moda Ideal. Unha vida dedicada ao comercio téxtil tradicional na rúa de San Román. Mayte Ramírez Mónica Patxot Decembro | Gerardo Pérez Soto ("O Rápido"): O zapateiro máis coñecido do casco vello pontevedrés, símbolo dun oficio e dun xeito de facer cidade que vai desaparecendo. Decembro | Pilar Area Freire: Propietaria da Peluquería Pipalo, referente do tecido comercial feminino de Pontevedra. Decembro | Roberto Araújo: Exconcelleiro de Cultura de Vilagarcía. A súa visión foi fundamental para converter a Festa da Auga no fenómeno de masas que é hoxe en día. DEPORTE Marzo | Felicia Tilea: A exatleta olímpica deixou un baleiro irreparable no deporte pontevedrés, onde residía e exercía como referente de superación. Felicia Tilea | CA Scorpio 71CA Scorpio 71 Marzo | Raimundo Piñeiro "Pechecho": Presidente do CD Lérez durante 30 anos, o gran mestre do fútbol base pontevedrés. Marzo | Paco e Roldán I: Dúas perdas no seo do Pontevedra CF. O porteiro do récord histórico e o defensa de ferro que representaron a época dourada do "Hai que Roelo". Marzo | Manolo Barreiro: Figura fundamental do fútbol local e federativo, cuxa paixón polo deporte base marcou a xeracións de mozos deportistas. Manolo Barreiro nos campos da XunqueiraCristina Saiz Abril | Manuel Magdaleno: Exdelegado do Comité de Árbitros en Pontevedra, traballou incansablemente pola dignificación do colectivo arbitral. Homenaxe a Manuel Magdaleno na Gala do Fútbol GalegoRFGF Decembro | Ángel González-Adrio: Xogador do primeiro Mundial de baloncesto da historia. Un pioneiro pontevedrés que alcanzou a elite internacional. Ángel González-Adrio nunha homenaxe realizada en 2014FEB