2025 | Máis de cen mil escoitas durante 2025 apoian os podcast de PontevedraViva

Wait 5 sec.

A evolución do podcast español na última década é exponencial tanto en cantidade como en calidade das producións. Tamén as súas audiencias, que dez anos atrás aínda eran discretas en cifras, pasaron a ser actualmente consumidoras masivas deste produto. Esa progresión é que a veñen rexistrando os podcast que desde 2015 produce e ofrece PontevedraViva Radio, chegando a superar este 2025 que termina a cifra de cen mil escoitas. A enorme oferta de propostas que existen actualmente conleva en boa medida a segmentación de públicos e paralelamente, a complexidade para manter a súa fidelización. Con iso, tamén seguiron incrementándose as subscricións aos programas que oferta PontevedraViva Radio. Isto significa para os os subscritores ter coñecemento atualizado dos novos capítulos que se van incorporando ao repositorio existente. Entretemento, cultura e actualidade son tres constantes nos contidos ofertados. Como exemplo, as recreacións sonoras históricas que se incorporaron este ano ao podcast 'Cos 5 sentidos' resultaron de sobresaliente interese como evidenciou o número de reproducións rexistradas. A música é un dos nichos importantes do podcast e neste caso, a proposta temática que ofrece Alberto Pazo con 'Paisajes progresivos' sobre prog rock, conseguiu posicionarse entre os cen primeiros podcast da súa categoría en España. A citada evolución do sector do podcast tamén se extrapola á diversidade de plataformas para este formato sonoro. No caso dos contidos producidos desde PontevedraViva Radio incorporáronse a Spreaker, Spotify, Apple Podcast, … e mantén a súa presenza en Ivoox. Enganchados a esa evolución, para este inmediato ano 2026 incorporaranse novos contidos divulgativos de perspectiva social e psicosocial dos que se irán dando detalles proximamente.