Récord de participación na quinta edición do Trofeo de Salvamento Caldas Vila Termal

Wait 5 sec.

É só a súa quinta edición pero non deixa de crecer. O Trofeo de Salvamento Caldas Vila Termal organizado polo Club Acuático Umia baterá este próximo sábado 3 de xaneiro o seu récord de participación. Conta cun total de 334 nadadores inscritos, superando os 301 do ano 2024. Contará en concreto coa presenza de 15 clubs, 12 deles galegos, dous de Castela-León e un de Cantabria. O cub local será o que achega unha maior participación con 80 deportistas, seguido do Club Salvamento acuático Laracha SAL (65) e o Sysca de Carballo (47). A competición, presentada o luns de maneira oficial, celebrarase o día 3 de xaneiro en dobre sesión de mañá e tarde, con acceso de balde para o público na piscina Antía García Silva de Caldas de Reis. Na primeira quenda, desde as 10.30 horas, competirán os deportistas de categoría infantil e cadete, mentres que po a tarde desde as 16.30 será quenda para as categorías absoluta e máster. "Este ano contamos cunha madriña de luxo para o Trofeo, a campiona do mundo e triple campiona de europa junior Lucía Zorrila Fernandez, socorrista burgalesa pertencente ao CD Sos La Bañeza e que tamén realizará o día previo un encontro para todos os deportistas do Umia nos que lle contará a súa experiencia como deportista de alto nivel ademais dun clínic en probas de aletas", explicou a vicepresidenta do club organizador, Bárbara Silva acompañada do alcalde, Jacobo Pérez, e o tenente de alcalde, Manuel Fariña.