Cheo no Pazo da Cultura para dar a benvida a 2026 coa Orquestra Sinfónica de Pontevedra

Wait 5 sec.

A Orquestra Sinfónica de Pontevedra ofreceu o tradicional Concerto de Aninovo este 1 de xaneiro de 2026 no Auditorio do Pazo dá Cultura de Pontevedra. A agrupación, baixo a dirección do mestre David Fiuza Souto, un dos talentos máis destacados da nova xeración galega de batutas, ofreceu un concerto vibrante. O público encheu o auditorio para gozar dunha gala que se converteu nunha viaxe musical entre épocas e lugares. A primeira parte do concerto partiu desde Galicia, cunha homenaxe a Prudencio Romo, recoñecido compositor e membro de Los Tamara, o grupo de Noia, liderado por Pucho Boedo, que revolucionou a música popular galega nas décadas de 1960 e 1970 integrando estilos de soul e rock e versos de poetas galegos. A interpretación de Paco Lodeiro e César Romero, dúas voces icónicas en Galicia, reviviu esas melodías emblemáticas ante os aplausos do público. Na segunda parte, a Orquestra Sinfónica de Pontevedra trasladou os asistentes a Viena coa interpretación de obras mestras da familia Strauss. Entre valses e polcas, o auditorio vivía unha atmosfera elegante que se viu potenciada coas propostas escéncias do Ballet de Galicia, a compañía de Diego Landín, creada no Concello de Marín. [galleries:vertical:10952]