O Grupo Deportivo Supermercados Froiz se internacionaliza para a tempada 2026 de ciclismo na estrada. O equipo pontevedrés apostou pola incorporación de dous novos talentos de nacionalidade estranxeira, que espera puír no pelotón elite e sub-23. Trátase por unha banda do belga Loewis Bockstaele-Huygen, de 18 anos e que a pasada campaña aínda en idade junior defendeu ao Tot Net-Terrassa Ciclisme catalán. View this post on Instagram A post shared by G.D. SUPERMERCADOS FROIZ (@superfroiz) Doutra banda, chega ao Froiz xa con experiencia no pelotón español sub-23 Mika Vijfvinkel, corredor de 20 anos de Países Baixos procedente do equipo Essax-Svico Foundation. View this post on Instagram A post shared by G.D. SUPERMERCADOS FROIZ (@superfroiz) Con estes dous movementos son xa cinco as fichaxes confirmadas polo conxunto alimenticio, ao sumarse a Óscar García (Equipo Cortizo), Juan Vidal (Louriña Team) e Jaume Figuls (Team MP Group). Desta forma o Froiz conta xa con 11 ciclistas en nómina, completando o plantel os renovados Pablo García, Adrián Pacho, Iván Puentes, Rubén Sánchez, Joel Díaz e Manuel Rodríguez.