Uvas con bo humor no Pontevedra CF para celebrar a chegada do 2026

Wait 5 sec.

O Pontevedra Club de Fútbol comezou o 2026 con bo ritmo de inxesta de uvas e moito humor. Ás doce en punto da noite, a entidade publicaba nas súas redes sociais un orixinal vídeo protagonizado por tres xogadores do plantel. O defensa Miki Bosch, o centrocampista Alain Ribeiro e o extremo Miguel Cuesta convertéronse nas estrelas da celebración para a afección granate. Os futbolistas, equipados con serpentinas, colares e todo o cotillón clásico, tomaron as uvas e desexaron un ano cargado de éxitos e emocións á afección granate. A escena, marcada pola espontaneidade e algunha que outra confesión sobre os cuartos das badaladas, non tardou en desatar bromas entre os seguidores, que especulaban en redes se o vídeo se emitía "en directo" desde o estadio municipal de Pasarón. Coa complicidade dos seus protagonistas, a mensaxe chegou clara: o Pontevedra CF desexa as mellores festas á afección e lograr éxitos neste 2026 que comeza. 🍇😂 Algún atrago, moitas risas… e todo listo para ou 2️⃣0️⃣2️⃣6️⃣ Feliz Ano Novo, granates! 🎆🎊 Desexámosvos un ano cheo de éxitos e emocións ❤️⚽️#𝐆𝐑𝐀𝐍𝐀𝐓𝐄®️♥️#PrimeraFederacion | #VersusELearning pic.twitter.com/6N9Bdbb1R4 — Pontevedra CF 🦴 (PontevedraCFSAD) December 31, 2025