Portas aproba un orzamento municipal de case 2,5 millóns de euros

Wait 5 sec.

O Pleno Municipal do Concello de Portas aprobou o orzamento da administración local para o ano 2026. Fíxoo cos votos favorables do Partido Popular, a abstención do PSOE e o voto en contra do BNG. Trátase dunhas "contas equilibradas, realistas e orientadas a garantir a prestación dos servizos públicos, reforzar a cohesión social e mellorar a calidade de vida da veciñanza", defendeu o alcalde, Ricardo Martínez. En concreto o orzamento municipal do próximo ano ascende a 2.493.507,68 euros, guiado segundo o goberno local por criterios de responsabilidade e rigor económico. Aseguran que se aposta polo mantemento e mellora dos servizos públicos básicos así como pola atención social, con partidas neste caso que superan os 665.000 euros para garantir a continuidade de programas esenciais c omo a axuda no hofar, a teleasistencia, a atención a persoas maiores, o apoio ás familias ou a igualdade. Pola súa banda o tenente de alcalde, Alfonso Vázquez Reboredo, quixo destacar que "estamos ante unhas contas que priorizan aquelo que realmente importa. Por iso, entre servizos públicos básicos e atención social concéntrase a maior parte do gasto municipal, porque entendemos que un Concello útil é aquel que garante servizos de calidade e non deixa a ninguén atrás". O orzamento contempla tamén investimentos por valor de 111.300 euros destinados á mellora e reposición de infraestruturas municipais, edificios públicos, instalacións deportivas e culturais. Coa súa aprobación definitiva no Pleno, o Concello de Puertas inicia o novo exercicio co seu orzamento en vigor.