O Concello de Cerdedo-Cotobade anunciou este venres 2 nas súas redes sociais o adiamento dos Cantares de Reis 2026, inicialmente previstos para este domingo 4 no Centro Cultural Antonio Fraguas, en Carballedo. A proliferación do virus da gripe e as baixas entre os grupos participantes motivaron este cambio, que traslada a celebración para o sábado 10 de xaneiro ás 19:00 horas no mesmo Centro Cultural. A organización mantén o programa previsto: ademais dos cantares tradicionais, haberá chocolatada e rosca para todas as persoas asistentes, continuando así co espírito festivo propio desta xornada. Desde a organización sinalan que a decisión adóptase por responsabilidade sanitaria e para asegurar a participación dos grupos locais. Dende o Concello salientan que a intención é garantir o benestar dos participantes e do público. Animan á veciñanza a manter a ilusión ata a nova data, na que esperan recuperar a celebración con enerxías renovadas.