Segunda baixa, e importante, para o Club Cisne Balonmán no parón do Nadal. O club pontevedrés confirmou este mércores 31 de decembro que Gilherme Linhares abonou a súa cláusula de rescisión para abonadar o equipo. O lateral brasileiro xa comunicara as súas intencións ao club tras o último partido do ano, pero agora fixo efectivo o abono da cláusula fixada no seu contrato convertendo en oficial a súa baixa federativa. Explica o Cisne que "o xogador decide pechar ao cinco meses a súa segunda etapa no noso equipo. O club deséxalle o mellor na súa nova aventura profesional" Ver esta publicación en Instagram Una publicación compartida de Club Cisne Balonmano (@clubcisnebalonmano) Linhares xogará o que resta de tempada no Balonmano Caserío de Ciudad Real, na Liga Asobal. Ponse fin así a unha breve segunda etapa do lateral en Pontevedra, tras defender o Cisne dúas tempadas entre 2017 e 2019 e agora durante a primeira metade do campionato. A baixa de Guilherme Linhares únese á anunciada previamente de Marko Ribic, deixando coxa de efectivos á primeira liña do equipo cisneísta. Esta situación obrigará a entidade pontevedresa a pensar en posibilidades para reforzar o seu plantel ante unha segunda volta da liga na que se xogará a permanencia na División de Honra Prata.