Coa chegada de 2026, Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, repetiu un dos seus costumes saudables: percorrer a pé un dos sendeiros máis emblemáticos do Salnés. Unha vez máis o acompañaron dous coñecidos pontevedreses, Mariano Rajoy, expresidente do Goberno de España, e José Benito Suárez Costa, presidente da Autoridade Portuaria de Marín. Xuntos cubriron os sete quilómetros da Ruta da Pedra e da Auga, entre Ribadumia e Meis, ata o mosteiro da Armenteira onde volveron realizarse o habitual selfie nesta cita. A faceta máis distendida chegou tras andaina, cando Rueda compartiu en redes sociais imaxes nun establecemento, comentando entre risas o libro "Frases de Mariano Rajoy". Alfonso Rueda e Mariano Rajoy ríndose co libro sobre as frases do ex presidente do goberno españolPontevedraViva Este libro, obra da ourensá Ana Varela García, recompila algunhas das ocorrencias públicas máis coñecidas do ex presidente do goberno español. "Repasando co mismísimo autor algunhas das súas mellores frases. Que bo é saber rirse dun mesmo… Grande, presidente Rajoy", publicou Rueda. Dedicatoria de Mariano Rajoy a Alfonso Rueda no libro das súas mellores frasesPontevedraViva Rajoy asinou o libro con dedicatoria ao presidente da Xunta "con todo mi cariño. Espero que te sea útil. Siempre viene bien"" y fechado "cerca de la Armenteira". Mariano Rajoy e Alfonso Rueda durante a rutaPontevedraViva Unha semana antes, o presidente autonómico aproveitou a xornada de Noiteboa para percorrer, en compañía de Luís López, presidente da Deputación de Pontevedra, as paraxes da Illa de Arousa.